🪄A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada de integrantes da Corporación municipal participou na 20 Gala da Fundación Andrea
💫Goretti Sanmartín asegurou que a Fundación Andrea se converteu simbolicamente no fogar e no “lugar seguro” de moitas familias que atravesan momentos duros e complicados
3
584
O Concello pon en marcha o procedemento de venda forzosa do edificio da Caramoniña 1 incluído no Rexistro de Soares o pasado setembro.
🗣️ Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica: “a conservación do patrimonio é un deber do Santiago de hoxe e un dereito do Santiago de mañá” e por tanto “o Concello de Santiago emprega e empregará todas as ferramentas legais á súa disposición para protexer a integridade patrimonial da nosa Cidade Histórica e darlle unha nova vida a espazos abandonados”.
ℹ️ i.gal/WSVPn
🎄O Mercado de Nadal da Carreira do Conde mellora o seu espazo para actividades infantís grazas á colaboración con Cáritas
🏠A entidade cedeu o uso dun local no número 14 da rúa, que será onde se desenvolvan obradoiros de balde para os nenos e nenas que comezan mañá 🎉
🔗i.gal/opQYw
2
344
📢O Concello abre dilixencias polos incumprimentos no transporte urbano e requírelle á concesionaria que opere todas as frecuencias do servizo
➕info 👉i.gal/0T4i6
🗣️ O Concello de Santiago organiza dous monólogos sobre educación sexual e impacto da pornografía con motivo do Día Mundial de Loita contra a VIH/Sida.
A educadora social @marinamarroqui impartirá “Outra Educación sexual é urxente”, destinado a alumnado de 4º de ESO, e “Xeración porno. Como educar para salvalos”, para nais e pais.
Será o vindeiro martes 1 de decembro na Facultade de Filoloxía do Campus Norte de Santiago.
ℹ️ i.gal/k2wBQ
✨ Xa está aquí o Mercado de Nadal!
Desde hoxe e ata o 5 de xaneiro agardámoste en Carreira do Conde. E a partir do 21 de decembro, tamén na Área Central.
Moooooitas cousiñas para regalar! Anímaste a ver todo o que estes postos nos teñen preparado para estas datas? 🎁
1
412
A alcaldesa @GorettiSRei xunto a varios membros da corporación local asistiron esta noite á gala “Gallegos del Año” de @elcorreogallego .
Moitos parabéns a Ignacio Rivera, Teresa Portela, Carmen Álvarez Lorenzo, Abraham Cupeiro e Pedro Fernández Puentes por contribuíren co seu exemplo e desde cadansúa especialidade a facer país. 👏
O martes 1 de decembro, despois de acender a árbore e a fachada de Raxoi, toda a praza do Obradoiro cantará xunto ao Coro da Ra “Nadal de Luintra”, no arranxo de Berrogüetto.
Queres cantar con nós? 👀 Garda esta publicación e vai ensaiando a letra! 🎤
E se o martes falla a memoria, tranquilidade: repartiremos copias da letra 📄😛
O próximo martes, TES PLAN:
🥁 Ás 18.30h, rúadas con OCT Ultreia desde o Mercado de Nadal de Carreira do Conde e Porta do Camiño.
✨ Ás 19.00h, espectáculo a cargo de OCT Ultreia, Pablo Méndez Performances e O Coro da Ra.
Este Nadal, o coro sodes vós 💛
👨🚒A Corporación recibe a Félix Juncal, o bombeiro de Santiago que participou como cooperante en Mozambique nun programa sobre prevención, protección e resposta ante emerxencias
🔗i.gal/LkqDn
Concello de Santiago retweeted
🎶A @BMSCompostela presenta Raíces e horizontes, baixo a dirección convidada de Borja Romero e coa participación de Lidia Iglesias Vaamonde
📅 Domingo, 29 de novembro
🕜 12.00 h
📍 Teatro Principal
🎟️ De balde, previa retirada de convites
A alcaldesa @GorettiSRei participou hoxe no acto institucional que a Oficina de Igualdade da @UniversidadeUSC organizou con motivo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
#25N
👴🏻👩🏻🦳 O Concello impulsará unha campaña de visibilización e sensibilización sobre a violencia cara as persoas maiores
🗣️ Así se acordou na reunión do Consello Municipal de Persoas Maiores que presidiu esta tarde a concelleira María Rozas
🔗 i.gal/r2Amg
O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, asistiu hoxe á presentación da Memoria de Actividades 2025 das dioceses galegas en Compostela. 🏛️
Unha xornada para poñer en valor o traballo social, o acompañamento comunitario e o coidado do patrimonio.
1
2
492
🖤A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Madrid o pasado 18 de novembro e pola muller asasinada en Albacete o 19 de novembro, vítimas da violencia machista
🔗i.gal/lLTh5
A alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, participou esta tarde no Hostal dos Reis Católicos na entrega dos Recoñecementos Meninas 2026 na loita contra a violencia machista.
Na cerimonia, a rexedora deulle o galardón ao Programa Vagalume, recollido pola directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas.
Parabéns a todas as persoas e entidades premiadas, entre elas a reitora da USC, Rosa María Crujeiras, e a Asociación de Mulleres da Comunicación de Galicia (MUGACOM), recoñecida coa mención honorífica ‘Comunicar en Igualdade’ 💜
🏛️Xunta de Goberno.
A voceira do goberno @MiriamFLouzao deu conta en rolda de prensa dos principais asuntos aprobados na sesión ordinaria.
💡 Adxudicada a redacción do proxecto das obras de iluminación da praza das Praterías.
🛝 Adxudicada a execución dun parque infantil e unha zona de actividades biosaudables na contorna da antiga estación de Berdía.
🏗️ Aprobación definitiva dos estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación do polígono 1 do SUND-4 de Rebordaos e aprobación da modificación puntual do Plan de sectorización do SUNP-25 de Roxos.
📜 Tomouse conta da firmeza da sentenza referente ao recurso contencioso que presentou a Asociación Unión Hotelera contra a ordenanza reguladora do imposto as estadías turísticas.
ℹ️ i.gal/NveGI
Concello de Santiago retweeted
🎶 O Ciclo de Lied presenta 'Albores', unha proposta que nos convida a percorrer os horizontes do lied da man da soprano Kateryna Kasper e do Ensemble ADOC
📅 Xoves, 26 de novembro
🕜 20 h
📍 Auditorio de Galicia
🎟️ Entradas (15 €, con descontos) en compostelacultura.gal
O Auditorio de Galiza acolleu hoxe a gala aRi[t]mar, un encontro que celebra a música e a poesía galego-portuguesas e pon en valor os lazos culturais entre Galiza, Portugal e os países lusófonos.
Unha cita coa cultura e coas linguas que compartimos. 🎶
1
441




















































