Asemblea de Humanidades Lugo (@AsembleaHum) header
Asemblea de Humanidades Lugo (@AsembleaHum) profile picture

O estudantado organizado da @FDeHumanidades. Dinamizando social e culturalmente o @campusterrausc. En defensa das humanidades e da universidade pública!

Lugo
Joined November 2019
📢Volve REFLE(X)SONS! O 23 de novembro un novo espazo para música e divulgación na @FDeHumanidades 🎤PERIFERIA E IDENTIDADE A TRAVÉS DA MÚSICA URBANA 👤Antonio Giráldez, da editora Bartlebooth, a artista visual Tonita Carreira e Álvaro Alvite de FØ Records Agardámosvos a todes!
7
8
Presentamos o ciclo de conferencias e concertos REFLE(X)SONS! Primeira cita este xoves 12 de maio na @FDeHumanidades 👇 🗣 Repensar a festa: unha lectura antirracista e decolonial, con Saya Mohamed, Angelly Ferreiro (@EduAntirracista) e Beatriz Fdez Herrero 🎵 Pinchada de Saya DJ
🎬 Este xoves 28 de abril proxectamos a curta documental @doresdoc na @FDeHumanidades 🗣 Intervirán no coloquio a autora da curta Coral Piñeiro e a profesora de @historiaGAL Ana Cabana, con quen abordaremos a historia dos 11 campos de concentración de Franco en Galicia. Achégate!
1
O xoves pasado celebramos o magosto e foi todo un éxito 🌰🔥 Este magosto non tería sido posible sen @AvanteLGBTLugo, sen o apoio do @CampusTerraUSC e da @EPSLugo, e sen a enorme axuda de @afouce_lugo e da nosa mestra de cerimonias Meiga-i (@nosolojavi). GRAZAS e ata a próxima!
Tempo de Defuntos e Magostos. É tempo de castañas! O xoves 4 de novembro traemos de volta o popular magosto ao @CampusTerraUSC, no baixo da @EPSLugo. Haberá castañas, comida e bebida a prezos populares, e música e foliada con Meiga-i, a drag pandereteira 🌈 🥁 Non o perdades!
🔴 EN DIRECTO O potencial rebelde da tradición, con @Fruela_Fdez. Ségueo aquí 👉 ir.gl/potencialrebeldetradic…
3
O vindeiro luns teremos a presentación e debate virtual do brillante ensaio 'Unha tradición rebelde. Políticas da cultura comunitaria'. 🗣 Con @Fruela_Fdez, autor do libro e crítico cultural. 📆 Luns 3 de maio | 17:00 h | 🖥 Emisión en directo na ligazón ir.gl/potencialrebeldetradic…
3
3
Xa en directo! Conferencia sobre E.P. Thompson por Alba Díaz Geada, investigadora do grupo @HISTAGRA da @UniversidadeUSC. Acceso ao streaming: ir.gl/thompson
2
Xusto despois do noso seminario de mañá participaremos tamén, ás 18:00 horas, na retransmisión do filme galego LGBT+ #NoveDeNovembro e o coloquio posterior co seu director en @o_vello_carcere, organizado xunto ás compañeiras de @AvanteLGBTLugo e @culturadopais.
3
3
Volvemos á actividade este venres día 26, cun seminario introductorio á obra do historiador Edward Palmer Thompson! Estamos traballando en poder emitilo vía streaming tamén, senón en calquera caso esperamos poder gravalo e subilo. Esperámosvos!
3
6
📢 Dende a Asemblea de Humanidades de Lugo chamamos á solidariedade e unión entre estudantes. Animamos a todo o alumnado da @FDeHumanidades a secundar a folga indefinida do estudantado universitario galego. Polos nosos dereitos e polo #FinDoCursoXa!
Estamos convencidos do interesante que é o achegamento entre a sociedade e a comunidade universitaria. Por iso, entre Guido Guía e a Asemblea de Humanidades, decidimos organizar para este 1 de marzo un evento gratuíto sen precedentes na nosa cidade.
1
2
3
Mobilización diante da Biblioteca Intercentros mañá 11 de febreiro ás 11h pola defensa da universidade pública!
1
2
Ante o papel que está a adoptar a Fiscalía no #CasoCarioca, a maior trama de explotación sexual destapada en España e que acontece na cidade de Lugo, a difusión do documental #BenvidasAoClub convértese no máis importante. Proxectámolo hoxe ás 19:00 no salón de actos da facultade!
1
1
Con motivo do #25N, a Facultade de Humanidades acollerá este mércores 27 a proxección-coloquio «Benvidas ao CLUB» coa directora @CarmenGranxeiro e coas activistas de @carioca_lugo. As mulleres vítimas de trata tamén sofren violencia machista. Non as ignores, vén ver o documental!
3
2
‼️ Lembrade que hoxe temos asemblea aberta ás 18:00 no seminario 214 ‼️ Organicémonos pola defensa das humanidades e contra o desmantelamento da universidade pública. #HumanidadesEnLoita 💪
En Lugo tamén loitamos por unha universidade pública e digna. As estudantes de Humanidades non somos de segunda! #HumanidadesEnLoita 📚✊
10
18
O alumnado da Facultade de Humanidades de Lugo súmase ao resto de compañeiras da USC e de Humanidades da UVigo no movemento por unha universidade pública digna e pola defensa das humanidades, e o movemento democrático que agroma. Unidas podemos mais! #HumanidadesEnLoita