🟪 A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará mañá en Sober.
📆 Cando? mañá mércores, 28 de outubro
🕘 En que horario? de 9 a 14 horas
📍 Onde? Praza do concello
🤔 Para garantir a túa atención pide cita na seguinte ligazón 👉🏼 emigracion.xunta.gal/es/acti…
🟪🚁 O alumnado do CFEA de Becerreá visitou as bases aéreas contra incendios de Marroxo e Doade, en Sober, para coñecer os medios aéreos de extinción, o seu funcionamento e os protocolos de actuación.
🗞️ El Progreso.
🟪📚 Hoxe martes, de 18:00 a 19:00 horas, nova cita do club de lectura "Pintor de Castinande" na Biblioteca Pública Municipal de Sober. Máis de vinte anos compartindo lecturas e experiencias culturais!
🟪🎭 Imaxes da representación de "A Revolución, 1789... ou por aí", a cargo de Teatreiras, na Casa da Cultura de Sober, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia. Deputación de Lugo, coa colaboración do Concello de Sober.
🟪 Nova edición dos Bonos Activa Comercio.
🛍️ Poderán descargarse polos consumidores a partir de mañá mércores, 28 de outubro, en bonosactivacomercio.gal
Concello de Sober retweeted
Vaya rinconcito chulo, ¿eh? 🥰 No nos lo negarás 😜. ¿Y si te decimos que puedes dormir y hasta cenar? 😋 ¡Bienvenidos a la Casa Grande de #Rosende! Un sitio 🔟
👉 bit.ly/CasaGrandeRosende
@galiciatb @MadridTB @pazoderosende @pazosdegalicia @ConcellodeSober
Concello de Sober retweeted
‼👟 Este sábado celebrouse en Chantada a proba preparatoria de Xogade para o Campionato Provincial de Cros. Participaron máis de 50 nenas e nenos de: @ConcellodeSober , Taboada, Agrupación Deportiva A Gándara, Concello de Chantada...
.
#Xogade #Cros @deporte_galego @Xunta
🟪 A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará en Sober.
📆 Cando? este mércores, 28 de outubro
🕘 En que horario? de 9 a 14 horas
📍 Onde? Praza do concello
🤔 Para garantir a túa atención pide cita na seguinte ligazón 👉🏼 emigracion.xunta.gal/es/acti…
🟪🌳 Este sábado, 31 de outubro, primeira xornada de "Facer Bosque. Celebra, vive, reforesta" en Sober.
🔗 As persoas interesadas poden consultar o programa completo e inscribirse a través da seguinte ligazón: tsml.mtrbio.com/public/smart…
🟪📸 Nova sesión de "Merendas con Contos", celebrada o pasado venres na Biblioteca Municipal de Sober.
🎃 Nesta ocasión, a actividade estivo dedicada ao Samaín, coa lectura do conto "O noso Samaín" e un obradoiro de elaboración de lámpadas.
🟪🎭 Teatro en Sober! Esta tarde, ás 19.00 horas, Teatreiras representará "A Revolución, 1789... ou por aí" na Casa da Cultura, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da @vicedepulugo coa colaboración do Concello de Sober.
🟪🎼 Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo.
🎷 O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade comezan este sábado, 24 de outubro, o ciclo ‘Música no Outono’.
xornaldelemos.gal/sociedade/…
🟪🐝 O alumnado de Educación Primaria de Sober visitou a granxa escola "Casa Benito", no Incio, nunha excursión organizada e financiada pola ANPA a través do programa "Da escola á granxa", da @vicedepulugo.
🔗 lix.li/nNBCt3
🟪🌳 "Facer Bosque. Celebra, vive, reforesta" celebrarase o 31 de outubro e o 7 de novembro, ás 11:00 horas, no Miradoiro da Pena do Conde, en Sober.
🌱 Unha iniciativa de Guardabosques para recuperar unha zona afectada polos incendios, coa colaboración do Concello de Sober.
🟪📚 Día de "Merendas con Contos" na Biblioteca Municipal de Sober, de 16:30 a 19:00 horas. Desta volta, coa lectura de "O noso Samaín" e un obradoiro de lámpadas para Samaín.
🟪🎶 O ciclo Música no Outono organizado polas Xuventudes Musicais e o Concello de Sober trae mañá sábado á localidade o concerto de Hava Dúo.
🕜 Ás 20:00 horas no Centro Sociocultural con entrada de balde.



































