🚗🥾 Hoxe tocounos cambiar os coches polas botas de andar!
🚶 Na mañá de hoxe, moitos dos membros da Escudería Lalín Deza, acompañados polo alcalde de Lalín, Xosé Crespo, e pola concelleira de Deportes, Noelia Seijas, achegámonos camiñando dende Lalín ata o Santuario do Corpiño
🎬 Co vídeo resumo pechamos o 30º Rali do Cocido - Disiclín 🏁
🔥 Unha edición moi intensa na que celebramos o 30 aniversario do noso rali.
👏 Grazas aos equipos, ao público e a todos os que o fixestes posible.
🎁 Atentos ás redes: pronto anunciaremos o/a gañador/a do sorteo.
🎙️Rematamos este gran día de competición coas declaracións de Dani Berdomás, gañador da 30ª edición do Rali do Cocido - Disiclín 👏🏆
🏆 Vitoria para Daniel Berdomás e Brais Mirón no 30º Rali do Cocido – Disiclín
Final moi emocionante na trixésima edición do Rali do Cocido, marcada polo abandono de Alberto Meira e Avelino Martínez cando lideraban a proba, o que cambiou por completo o desenlace da carreira.
🥉 Luis Vilariño e David Míguez, no seu regreso ao Campionato Galego de Rallyes, completaron un rali de menos a máis e lograron o terceiro posto, demostrando que seguen mantendo un bo ritmo competitivo.
❌ Abandono de Alberto Meira – Avelino Martínez no penúltimo treito do Rali do Cocido por unha avaría mecánica.
Cando lideraban a proba e todo apuntaba a un final moi emocionante, unha avaría obrigou á dupla do Skoda a abandonar despois da segunda pasada por “Carballeda”.
💪 Daniel Berdomás e Brais Mirón seguen loitando pola vitoria no 30º Rali do Cocido - Disiclín.
Os do Citroën C3 Rally2 marcaron os scratch en “Persideza - Carballeda” e “Avatel - Saborida” e tratarán de presionar a Meira - Martínez nos dous últimos treitos.
🔧 Tempo de asistencia 🔩
Foi moito o público que se achegou ata o Polígono Industrial Lalín 2000 para poder ver de preto a todos os equipos que seguen disputando este 30º Rali do Cocido - Disiclín.
Alberto Meira - Avelino Martínez seguen a dominar o 30º Rali do Cocido - Disiclín 👌
A parella do Škoda mantén o liderado da xeral tras as segundas pasadas, onde volveron marcar o mellor tempo en ambos os dous tramos, ampliando a súa vantaxe sobre Berdomás - Mirón.
A loita pola terceira praza está moi entretida, con Otero - Vázquez aventaxando en tan só 4.4 segundos a Luis Vilariño - David Míguez. Manuel Souto - Pablo Gregorio, na súa estrea co Hyundai i20 Rally2, ocupan a quinta posición.























