Conta oficial da Consellería do Mar da @Xunta de Galicia | Pesca, Acuicultura, Marisqueo, Portos e Innovación Tecnolóxica

Galicia
Joined October 2022
⚓️ Portos de Galicia recupera a plena operatividade do sistema automático da comporta de Malpica 👉🏻 Tras o traballo dun equipo de mergulladores para retirar obstáculos no fondo mariño, a infraestrutura volve funcionar con normalidade para garantir o abrigo da frota pesqueira
34
Nova sementeira de ameixa babosa en Barallobre para contribuír a recuperar o marisqueo na ría de Ferrol A través dun convenio de 1,33 M€, rexeneramos 468.000 m² de bancos e introduciremos 7 millóns de unidades ata 2027 para blindar o futuro do sector
1
1
44
🌍 O director xeral de Pesca, Isaac Rosón, destacou en Exporpymes a vocación exterior da nosa cadea mar-industria 🐟 Galicia lidera máis da metade das exportacións pesqueiras de España e o 75 % en conservas, abrindo mercados e xerando emprego nas nosas vilas
32
Consellería do Mar retweeted
Galicia trouxo unha mensaxe clara a Luxemburgo: estabilidade nas cotas pesqueiras e que os recortes no Báltico non se estendan ao Atlántico Tamén pedín unha posición firme da UE para o atún no ICCAT e prazos realistas para as novas medidas de control aplicables á frota artesanal
4
6
147
Consellería do Mar retweeted
Presentei no Parlamento de Galicia os #Orzamentos2027. Son 234,8 M€ para seguir recuperando o marisqueo, modernizando a frota e a acuicultura e reforzando a investigación e a formación. Son unhas contas realistas, valentes e executables pensadas nas necesidades do noso sector
1
5
7
234
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presentou hoxe no Parlamento de Galicia o proxecto de #Orzamentos2027 do seu departamento
2
1
3
126
A investigación mariña e a formación náutico-pesqueira tamén teñen partidas específicas destacadas nestes #Orzamentos2027
1
14
As actuacións nos portos autonómicos inclúen a modernización de lonxas e instalacións pesqueiras, a renovación de pavimentos e avances na eficiencia enerxética e na dixitalización O obxectivo é mellorar os servizos que utiliza diariamente o sector do mar #Orzamentos2027
10
Consellería do Mar retweeted
Presentamos a Memoria do CIMA, que completa 50 anos de historia e compromiso co noso mar Medio século de ciencia aplicada e transferencia directa ao servizo de mariscadoras, pescadores, bateeiros e confrarías. Parabéns a todo o equipo!
2
3
82
Consellería do Mar retweeted
Na apertura do Seminario Internacional sobre Toxinas Emerxentes celebrado en Vigo destaquei o papel da ciencia e a vixilancia diaria que realiza a Axencia Intecmar. Son o mellor escudo para blindar a seguridade alimentaria e garantir a excelencia dos produtos do noso mar
3
4
80
⚓ A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, reafirma no congreso Bulk Terminals 2026 na Coruña o compromiso da Xunta coa modernización dos nosos peiraos 🚢 Galicia lidera como refuxio de estabilidade, innovación e transición enerxética no tráfico marítimo de graneis
1
169
Consellería do Mar retweeted
No Consello Consultivo de Pesca no que participei por videoconferencia, defendín unhas cotas estables no Atlántico e menos burocracia para a nosa frota artesanal. Tamén aproveitei para rexeitar os aranceis cero á conserva de atún de Tailandia que poidan prexudicar ao noso sector
2
4
193
Consellería do Mar retweeted
Presentámoslles ás 63 confrarías o calendario electoral para escoller os novos órganos de goberno dos pósitos, nos que agardamos ter máis mulleres. A votación será o 23 de xaneiro de 2027 e uns 13.000 traballadores do mar poderán escoller aos seus novos representantes
2
4
125
Consellería do Mar retweeted
No mercado municipal de Fisterra coñecín o espazo dedicado á venda directa de peixe e marisco fresco procedente da lonxa local. A actividade mariñeira e os produtos de proximidade comparten protagonismo neste edificio emblemático
2
4
91
A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, visitou o peirao de Mugardos para comprobar o estado da pasarela peonil do bordo portuario Durante o percorrido, abordou as necesidades de reforzo da seguridade e o emprego de materiais resistentes á acción do mar
1
68
🔵 Acompañamos a 21 empresas galegas na SIAL París 2026, o Salón Internacional da Alimentación que se celebra na capital francesa 🐟 Levamos a calidade das nosas conservas e produtos do mar ao gran escaparate mundial con pavillón propio para abrir novos mercados á nosa industria
1
71