
Investiga, conserva, divulga e promove a cultura e o patrimonio histórico-antropolóxico de Galicia dende 1977. 📸 🎥 #museodopobo
Santiago de Compostela
Joined January 2013
- Tweets6K
- Following823
- Followers8K
- Likes6.3K
Hoxe celebramos o 49º aniversario da inauguración do #MuseodoPoboGalego e queremos contar con vós!
A entrada será de balde para visitar tanto as salas permanentes como a exposición temporal, 𝑻𝒓𝒂𝒏𝒔𝒇𝒓𝒐𝒏𝒕𝒆𝒊𝒓𝒊𝒛𝒂.
#49AniversarioMPG
@CulturaXunta @PazodeRaxoi
📚Unha biblioteca garda a memoria dunha vida.
No #DíaDasBibliotecas lembramos a doazón de Manuel Beiras García, un dos fundadores do #PartidoGaleguista.
En 2005, os seus fillos Xosé Manuel e Alexandro Beiras Torrado quixeron compartir o legado co Museo de todas/os os galegos.
Felipe Arias Vilas, arqueólogo e membro fundador do #MuseodoPoboGalego, foi elixido por unanimidade novo presidente do Padroado.
Convértese no sexto presidente da institución, que celebrará o seu 50 aniversario en 2027.
ℹ️ museodopobo.gal/gl/nova/feli…
#PadroadoMuseoDoPoboGalego
⚓️ Un día coma hoxe tivo lugar en 1702 a #BatalladeRande, enmarcada na guerra de Sucesión española. Unha frota de Indias, integrada por galeóns españois e navíos de guerra franceses, desviouse cara a Vigo pola ameaza da escuadra anglo-holandesa que agardaba por eles.
Con todo, foi perseguida até Rande, onde se librou unha terrible loita que obrigou a incendiar os barcos propios para que non os capturasen os anglo-holandeses, mentres as autoridades lograban salvar o resto do tesouro real enviándoo a Lugo e a Segovia.
📖 En lembranza desta batalla, existe unha rúa chamada Vigo Street en Londres. Jules Verne evoca os tesouros afundidos en Rande en "Vinte mil leguas baixo dos mares".
🗄️ No #ArquivoMPG hai representacións deste feito, doazón de Clodio González Pérez e Francisco Fariña Bustos.
No #DíadasEscritoras, varias socios/as e patróns/oas do Museo acudiron a Gres para facer un homenaxe a #AnisiaMiranda.
🍂 O acto foi parte do programa de outono da @fxoseneiravilas, que tamén inclúe cine de serán o 25/10 e a celebración do #DíadeNeiraVilas e da lectura o 3/11.
💧🎞️ Mañá terá lugar no Museo a presentación do documental "O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira", de Manuel Rial, producido polo SEMESCOM para poñer en valor a principal arteria fluvial da Terra de Soneira.
📍 Ás 19 h na Ala Sur do Museo do Pobo Galego
Neste #DíaInternacionaldoPatrimonioCulturalInmaterial, queremos compartir con vós un recurso en liña: a publicación "Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión" en formato dixital, para contribuír á permanencia da mostra do mesmo nome que tivo lugar no Museo do Pobo en 2025.
📖 Podes acceder á publicación en liña a través desta ligazón: museodopobo.gal/gl/nova/acce…
Libro editado co apoio de @CulturaXunta @SXPL
▶️ Tamén podes ver en liña a peza audiovisual que acompañou á exposición: xitter.gq/MuseodoPobo/status/193…
Replying to @MuseodoPobo
Moitas grazas a todas as persoas que vos achegastes a ver este audiovisual, que segue podendo verse canda á exposición 𝑪𝒂𝒏𝒕𝒂𝒓𝒆𝒊𝒓𝒂𝒔 até o 28 de setembro no #MuseodoPoboGalego e que, desde xa, tamén é accesible en liña no YouTube do Museo:
youtu.be/pZSD0cTEwtU?si=b-P3…
🗣️ Onte tivo lugar no Museo unha masterclass co director de cinema Tommaso Santambrogio, que nos falou do seu proceso artístico, centrada no seu proxecto en desenvolvemento "Teret Teret", arredor da tradición oral etíope e a represión por parte do réxime italiano nos anos 30.
💧🎞️ O Museo do Pobo acollerá a presentación do documental "O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira", de Manuel Rial, producido polo SEMESCOM para poñer en valor a principal arteria fluvial da Terra de Soneira.
📍 20/10 ás 19 horas na Ala Sur do Museo do Pobo Galego.
✍️ Aínda estades a tempo para inscribirvos a esta masterclass con Tommaso Santambrogio, gañador do Premio MICE ao Mellor Filme na 19ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego con "Taxibol".
📩 [email protected]
🗣️🎞️ O director de cinema Tommaso Santambrogio impartirá a masterclass "Da voz á imaxe: tradicións orais e narración visual contemporánea entre Etiopía, Galicia e Italia".
🗓️ 14/10 ás 17:30 h, Ala Sur do Museo do Pobo
📩 Inscricións: [email protected]
🧺 Esta semana terán lugar no Museo as xornadas "Xénero, produción e coidados a través da perspectiva transhistórica", organizadas polo proxecto Coidarq para pensar os coidados dende unha perspectiva ampla e crítica.
📍15-16 de outubro no Auditorio do Museo do Pobo Galego
Hoxe, no marco do 20º Premio #LuísKsado, celebrouse no Museo do Pobo Galego unha homenaxe ao fotógrafo histórico José Suárez.
No acto interviñeron María Xosé Fernández Cerviño, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego; Natividad González Rodríguez, deputada de cultura da @Depucoruna ; e o fotógrafo @XurxoLobato.
📸 A continuación puidemos escoitar unha conferencia de Manuel Sendón sobre a figura e a obra de #JoséSuárez que, enmarcado nas vangardas de principios do século XX, magnificou ás galegas e galegos a través do seu obxectivo.























