📣 O Concello de Abegondo súmase á convocatoria da FEGAMP, en apoio á iniciativa da FEMP, para expresar a súa solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Toledo.
⚫ O Concello de Abegondo quere expresar o seu pesar polo tráxico accidente ferroviario rexistrado entre Los Yébenes e Urda, unha traxedia que conmociona e enche de dor a toda a sociedade.
🎶 Este venres, 30 de outubro, o Local Social de Montouto acollerá a proxección do documental ‘Ao son da nova regueifa’, dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas.
🕗 Será a partir das 20:00 horas.
🍂 A actividade forma parte do Ciclo do Outono das Artes da Deputación da Coruña.
♻️ Abegondo xa composta: 24 composteiros entregados onte na aula multimedia do Concello, coa campaña de compostaxe doméstica do @as_marinas.
Podes recollelo en calquera concello do Consorcio, sen inscrición previa 👉 consorcioam.rsu.gal
#Compostaxe #Abegondo
♻️ O punto limpo móbil do @as_marinas estará en Abegondo ata mañá, mércores 28 de outubro.
📍 Estará situado no Centro de Saúde, en horario de 9:30 a 13:30 horas.
👉 Aproveita esta oportunidade para depositar os residuos que precisan unha xestión específica.
👏 Os máis pequenos desfrutaron moito do "Obradoiro dos oficios do futuro".
👀 Puideron aprender de primeira man sobre técnicas de estampación e realizar deseños sobre diferentes materiais e sobre a historia desta técnica.
🖥 O vindeiro luns, 26 de outubro, abrirase o prazo de inscrición nas probas libres presenciais para a obtención do ComDix-Iniciación, correspondentes á edición de decembro de 2026.
📅 O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 4 de novembro ás 23:59 horas.
📍 As probas celebraranse os días 2 e 3 de decembro na Aula CeMIT de Abegondo.
ℹ️ Máis información e inscricións: cemit.xunta.gal
🎃 O Concello de Abegondo celebrará o Samaín o vindeiro sábado 31 de outubro coa andaina terrorífica ‘Camiño das Ánimas’, en Beche.
ℹ️ Máis información: abegondo.gal/abegondo-celebr…
⏰ A actividade comezará ás 19:30 horas e, previamente, a partir das 18:00 horas, haberá sesións de maquillaxe terrorífica para que as persoas participantes poidan prepararse para a ocasión.
🕯️Para realizar a andaina será necesario acudir cunha lanterna e un disfrace terrorífico
✍️ As persoas interesadas deberán inscribirse no departamento de Cultura do Concello de Abegondo, a través do correo electrónico 📩 [email protected] ou do teléfono 📞 981 657 909.
👻 Animádevos a participar!
🎨 Beche conta cun novo mural do artista Sekone, dentro da terceira edición de 'Arte no Camiño', unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña en colaboración cos concellos e as asociacións de concellos das rutas xacobeas.
🚶 A obra rende homenaxe ás persoas peregrinas que percorren o Camiño durante a noite, cunha composición protagonizada por un xabaril, unha curuxa e un lobo.
👟 O Concello de Abegondo está a executar traballos de renovación do pavimento da pista polideportiva do IES de Viós.
🚧 A actuación comprende a substitución do actual pavimento de formigón por unha superficie deportiva con acabado en tarima.
👉 O orzamento previsto é de 96.504,14 euros, dos cales 40.000 euros corresponden a unha achega da Xunta de Galicia e o importe restante a fondos municipais.
ℹ️ Máis información: abegondo.gal/abegondo-acomet…
♻️ Luns 26 de outubro: formación e entrega de composteiros en Abegondo · 10:00 e 16:30 h · Aula multimedia do Concello. Campaña de compostaxe doméstica do @as_marinas. Anótate 👉 consorcioam.rsu.gal #Compostaxe #Abegondo


















