🌧️☂️👋🏻
Boa noite. Comeza mañá un episodio de chuvia en Galiza que se vai prolongar mínimo ata o Venres da semana que ven. Bos acumulados especialmente no W do país, como sempre que hai vento do SSW. Os de Vigo e contorna xa poderedes respirar máis tranquilos, algo vaise notar nos embalses.
E pendentes tamén da interacción da baixa co aire frío do polo, eso marcará o tempo da segunda metade do mes.
7
732
Primus - Eclectic Electric
Neste tema tocan James Hetfield e Jim Martin.
youtu.be/-lhCktPYKYo?is=3q8h…
102
A principios de Novembro o ECMWF ve un debilitamento moi acusado do vórtice a nível estratosférico. Tardaremos unhas semanas en saber qué consecuencias ten a nivel da troposfera. Os CSE son eventos moi raros nestas datas, soen darse en Xaneiro e Febreiro. El Niño pode ser o causante?
Cambios no vórtice polar de cara Novembro.
Está por ver en que derivará pero a tendencia aparece reflexada de forma clara nos indices AO e NAO. Os índices apuntan a valores negativos bastante continuados, o que pode favorecer que o vórtice se estire cara latitudes medias e as borrascas vaian recuperando protagonismo. Iremos vendo, de momento ata o día 10 como mínimo continuará o tempo seco ☀️🌵
1
129








