En Ferrol non temos tren e non temos bus, temos que loitalo xuntas na Plataforma por un Transporte Público Digno para Ferrol e Comarca:
Isto foi o que lles levou a abrir o expediente, non pensedes que agora de súpeto na @Xunta acordáronse da nosa comarca e das usuarias e usuarios do autobús, foi a acción directa dun heroi anónimo que enpapelou a estación coas caras destes dous incapaces totais:
E nada, si algún día decidides que xa está ben de soportar a inútiles e incapaces, tedes a Plataforma por un Transporte Público Digno para Ferrol e Comarca agardando que vos unades e loitedes xunta nós. Ferrolterrana, ergue a testa e protesta!
#Ferrol #Ferrolterra #AcciónDirecta
A muralla está ben danada, verdade? Calquera día cáelle enriba á rapazada que fai botellón, e logo a culpa será da limpadora ou do vento, que nas administracións ninguén é responsable de nada:
Imos saíndo, que chamaron á policía e xa nos pediron a documentación, que Unha cousa é que as administracións non fagan o seu traballo e outra que o denunciemos, iso si que non o poden consentir:



























































